EconomíaEconomíaEntroido 2026Última hora

Mercadiño de Entroido na praza Maior de Viana do Bolo

 

No marco do día grande do Entroido en Viana do Bolo, o Domingo Gordo que neste 2026 estreábas como Festa de Interese Turístico Nacional, cun multitudinario desfile de folións seguido da Festa da Androlla, organizábase unha mostra de produtos da zona, moitos vencellados á figura do Boteiro (imáns, chaveiros, mini caretas, camisetas,…), que se instalaba nos soportais da praza Maior.

A media ducia de postos abría arredor das 11 da mañá, antes de que baixara o primiero folión e recibía a visita do secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro que acompañaba ao alcalde de Viana, Germán García-Avila, entre outros representantes políticos como o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button