Un ano máis pero máis tarde que noutras ocasións, o Teleclub de Petín acolle o Mercadiño de Nadal que estará aberto toda a fin de semana.
Abría as portas ás 16 horas deste sábado 3 de xaneiro e nel participan unha vintena de postos. Dende artesanía ata prendas de vestir, bixutería, decoración, agasallos, plantas, mel, artigos de segunda man ou antigüidades, todo un abano de posibilidades para facer eses agasallos de última hora, potenciando nesta ocasión a Noite de Reis. Con todo, a parte gastronómica é sempre a máis concorrida, con queixos, mel, viño ou licores ata pizzas, sen esquecer os doces e o chocolate.
O mercadiño estará aberto hoxe ata as 21 horas e mañá volverá abrir todo o día, de 11 a 14 e de 16 a 20 horas.


Fotos: Mónica G. Bellver