A número 1 por Ourense de Sumar Galicia, a valdeorresa Mercedes González, votaba ás 12h. na mesa electoral situada nas antigas escolas de Veigamuíños (O Barco). Tras depositar a papeleta na urna convidaba, ilusionada, ao resto da cidadanía galega a facer ese mesmo xesto, cun especial chamamento á de Valdeorras. “Cada 4 anos deberíamos ser quen de validar ou de criticar aos políticos. Agora é o momento para que cadaquén veña e colla a papeleta que mellor crea que nos vai representar”, dicía Mercedes Pazos.
Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.