Unha semana máis, dende o pasado 3 de outubro, neste mércores tiña lugar a partir das 16:15h. unha “Ruta saudable” da Asociación Española contra o Cancro no Barco. Nela participaban dunha vintena de persoas, que facían unha ruta, de baixa dificultade e accesible para todo o mundo, que segue en boa medida o curso do río Sil e que ten unha hora de duración.
Esta é unha iniciativa gratuíta dirixida á poboación e que está promovida pola Asociación Española contra o Cancro en Valdeorras.
Para participar tan só é necesario anotarse na oficina da AECC no Hospital Público de Valdeorras ou ben chamando ao 900 100 036 (teléfono de Infocancer).
Fotos: A.R.
