O cancro continúa sendo, a nivel global, o problema sociosanitario máis importante do mundo, xa que 1 de cada 2 homes e 1 de cada 3 mulleres padecerano ao longo da súa vida. Ante esta realidade, a Asociación Española contra o Cancro, que busca reducir o impacto do cancro en España, volve apelar á implicación de toda a sociedade a través dunha das súas iniciativas máis representativas, o Día da Cuestión.
Hoxe, xoves 7 de maio, a Asociación sae á rúa xunto a pacientes, voluntariado e socios/as para pedir a colaboración e a implicación de toda a sociedade para seguir avanzando en investigación oncolóxica, co obxectivo de alcanzar o 70% de supervivencia en cancro en 2030, e reforzar a atención integral ás persoas afectadas pola enfermidade e as súas familias.
Baixo o lema ‘Cando paras, movémonos contra o cancro’, a campaña pon o foco no valor dun xesto, pararse fronte a unha hucha ou mesa petitoria da Asociación, que, aínda que pareza un xesto pequeno, activa un movemento colectivo capaz de impulsar a investigación, mellorar a atención e xerar esperanza.

“Cando unha persoa detense para colaborar, pon en marcha unha resposta colectiva fronte ao maior problema sociosanitario en España e no mundo. É a unión de todos contra o cancro. Cuanto ti pairas, nós movémonos contra o cancro porque fronte a un problema que nos afecta a todos, a resposta tamén ten que ser de todos”, explica Ramón Reyes, presidente da Asociación Española contra o Cancro.
A xornada contará este ano con máis de 20 mesas repartidas por toda a provincia de Ourense, nas que os voluntarios atenderán a todas as persoas que queiran sumarse á causa achegando os seus donativos, a través de huchas físicas, TPV ou dispositivos móbiles. Na cita do ano pasado recadáronse máis de 2,9 millóns de euros en toda España.

No caso da Rúa, onde hoxe é feira, a mesa está posta coma sempre na rúa Progreso, preto do Concello, ata as 14 horas.
No caso de Ourense hai mesas espalladas por toda a cidade. O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, visitaba a da Rúa do Paseo, animando á cidadanía a participar nesta importante acción. “Apoiar á AECC é contribuír á necesaria investigación contra o cancro e ao acompañamento aos pacientes”, apuntou.



Fotos: Mónica G. Bellver a excepción das de Ourense.