SanidadeÚltima hora

Mesa informativa da AECC no Barco con motivo do Día Mundial do Cancro de Mama

 

A partir das 10:30h. deste 23 de outubro na praza do Concello do Barco instalábase unha mesa informativa da Asociación Española contra o Cancro con motivo da celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama. Nela, as voluntarias da asociación achegaban á veciñanza material informativo da campaña, así como lazos rosas ou caramelos.

Nesta mesa informativa tamén se facía cuestación e ofrecíase ás persoas que pasaban diversos produtos de merchandasing da campaña, que estában á venda cun fin benéfico.

No marco do Día Mundial Contra o Cancro de Mama, a Asociación Española Contra o Cancro en Ourense incide en que “O cancro de mama e como o viven milleiros de persoas tomámolo a peito”.

Fotos: A.R.

Back to top button