SanidadeÚltima hora

Mesa informativa de Alcer no Hospital de Verín con motivo do Día Nacional do Doante

 

No marco da celebración do Día Nacional do Doante, que terá lugar este mércores 3 de xuño en Ourense, dende ALCER Ourense, continúa a programación de actos en diferentes puntos da provincia. Así neste martes instalábase entre as 11h. e as 13h. unha mesa informativa no Hospital de Verín.

Ademais, o mércores 3 de xuño, na cidade de Ourenseurante a mañá, instalarase unha mesa informativa na entrada de hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), en horario de 11.00 a 13.00 horas.

A partir das 11.00 horas, está prevista a recepción de autoridades e medios de comunicación neste espazo. Neste acto participarán Laura López del Castillo, xefa territorial de Sanidade en Ourense, e xerencia do CHUO.

 

 

Pola tarde, a programación seguirá cun acto institucional no Salón de Plenos do Concello de Ourense ás 18.30 horas, no que se abordará a realidade da doazón de órganos a través de testemuños en primeira persoa. Participarán unha persoa receptora e unha doante viva, que compartirán as súas experiencias para visibilizar o impacto humano e social deste xesto solidario.

Como peche da xornada, a escola de baile Only You ofrecerá unha actuación na Praza Maior da capital ás 19.00 horas, sumándose así á campaña de sensibilización.

Fotos cedidas.

 

Back to top button