CulturaCulturaÚltima hora

A Mesa pola Normalización Lingüística, na feira de Viloira

Un grupo de membros da Mesa Pola Normalización Lingüistica visitaban na mañá do 6 de maio a feira de Viloira, no Barco. Nela recollían sinaturas de apoio á “Proposición de lei por iniciativa lexislativa popular (ILP), de medidas para a garantía dos dereitos lingüisticos no ámbito socioeconómico”.

Segundo os membros desta entidade, a “posibilidade de desenvolvermos unha vida plena en galego é condición esencial para a normalización lingüistica que a Xunta de Galiza ten o deber de impulsar e fomentar”.

Coa presentación desta ILP, din os membros da Mesa, “reclamamos igual trato e iguais dereitos, concretamente que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego, nun ámbito tan básico como o socioeconómico”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button