
No marco da celebración do Día galego sen tabaco, instalábanse mesas informativas na mañá deste 30 de outubro nos centros de saúde do Barco, A Pobra de Trives e Manzaneda, coa participación de profesionais da enfermería.
O Día Galego sen Tabaco enmárcase no Plan Inspira Saúde 2023–2027 e promove a sensibilización sobre os riscos do consumo, a protección fronte á exposición ao fume e o abandono do tabaco. Estas actividades achegan á poboación información sobre a prevención do tabaquismo e os recursos para deixar de fumar.

As persoas que queiran deixar o tabaco poden solicitar axuda no seu centro de saúde, onde os profesionais sanitarios ofrecen orientación e apoio para iniciar o proceso. O Sergas dispón, ademais, dun programa de apoio á cesación tabáquica —o abandono do consumo de tabaco— con materiais como «Vou deixar de fumar!» e «Xa non fumo!», dirixidos a preparar ese paso e manterse sen fumar.
Fotos cedidas.

