ConcellosÚltima horaVilamartín

Mesas para a cea de Nadal sobre as ruínas das casas de San Vicente (Vilamartín) para reivindicar axuda

 

San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras), que resultaba devastado polas chamas na vaga de incendios do pasado agosto, lembra neste Nadal esa traxedia dun xeito reivindicativo. A súa veciñanza, coordinada pola Asociación de Veciños de San Vicente, vén de colocar nos diferentes barrios e zonas da localidade mesas, coidadosamente preparadas para celebrar a cea da Noiteboa sobre os cascallos dos que, meses atrás, eran as súas casas. O que hai nelas son elementos que puideron recuperar das vivendas tras o paso do lume.

 

 

Deste xeito, queren chamar a atención e seguir pedindo axuda, nestas datas tan sinalada, para recuperar a súa aldea. “Queremos lembrar aos todos os políticos que viñeron ata aquí a facerse fotos as súas promesas e que seguimos aquí esperando …….e que os convidamos a cear aquí nesta mesa posta co que se puido recuperar dos entullos e tamén desexarlles un bo Nadal”, din dende a Asociación de Veciños de San Vicente.

Fotos cedidas.

 

Back to top button