
‘Mi día’ da ONCE deixou na Rúa 3.000 euros, nun boleto que premiou a data favorita da persoa gañadora, no sorteo do domingo, 31 de xuño.
Mhoab Dantas de Sousa é o vendedor da ONCE que deixou este premio en Valdeorras, desde o seu punto de venda situado na rúa Circunvalación, número 23, na Rúa.
‘Mi día’ da ONCE consiste nun xogo no que hai que elixir unha data de entre as 36.525 comprendidas nun período de 100 anos. Ademais, cada combinación levará asignado automaticamente un Número da Sorte comprendido entre o 1 e o 11. O importe por combinación é de 1 euro. “Mi día” da ONCE celebra sorteos todos os días e como as demais loterías seguras, sociais e responsables comercialízanse polos 21.300 vendedores e vendedoras da Organización. Ademais, pódense adquirir desde www.juegosonce.es e en establecementos colaboradores autorizados.