EconomíaEconomíaEntroido 2026Última hora

Miles de persoas desfrutan en Viana do Bolo da 54 Festa da Androlla

 

En menos de cinco horas se esgotaban este ano as entradas dispoñibles para a 54ª edición da Festa da Androlla que na xornada deste domingo 15 de febreiro completaba o día grande do Entroido en Viana do Bolo, tralo desfile de folións dende o Toural ata a praza Maior.

 

 

Con tanta xente, (no desfile participaban 23 folións aparte das comparsas e preto de 3.000 no xantar) eran preto das catro cando comezaba esta edición da cita gastronómica no pavillón polideportivo municipal cun menú composto por consomé, androlla, chourizo, lacón, grelos, patacas e cordeiro con leituga, ademais de bica, café, queimada e chupitos.

 

Foto cedida.

 

Entre os asistentes moitos alcaldes da contorna e autoridades políticas entre elas o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; e o secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro que acompañaba ao alcalde de Viana, Germán García – Avila, entre outros.

 

Foto cedida.

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button