
Ante as devastadoras consecuencias do grave terremoto que afectou a Venezuela e que deixa tras de si unha gran cantidade de vítimas mortais e numerosos feridos, o Concello do Barco únese hoxe á convocatoria realizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, para participar nun minuto de silencio na mañá deste venres, 26 de xuño de 2026, ás 12:00 horas, diante do Concello.
“A forte vinculación que une a Galicia con Venezuela, terra de acollida de miles de galegos e galegas, fainos sentir esta traxedia especialmente próxima, por iso debemos manifestar publicamente o noso pésame ás familias das vítimas e o noso apoio aos afectados”, segundo o Concello.

