OurenseÚltima horaVídeos

Minuto de silencio na Subdelegación do Goberno en Ourense contra os asasinatos machistas da fin de semana

 

Este mediodía gardábase un minuto de silencio diante da Subdelegación do Goberno en Ourense como mostra de respulsa ante os asasinatos machistas producidos durante a pasada fin de semana en España. Entre os participantes na concentración estaba o subdelegado do Goberno, Eladio Santos.

 

 

“O silencio é un xesto máis de protesta que estamos facendo nas subdelegacións de España e no Ministerio porque foi unha fin de semana tráxica de violencia de xénero, pero ademais hai que visibilizar o problema da violencia machista en España que é un goteo constante e diario de violencia contra as mulleres. Isto ten que estar cada día enriba da mesa de calquera administración, sexa autonómica, sexa municipal, sexa estatal porque estamos vendo que a diario as mulleres sofren violencia machista. Pese a que estamos dedicando esforzos e recursos humanos, policiais e de búsqueda e de prevención, xa con programas específicos, é un drama que segue aí e, como nesta fin de semana, traxedia, con morte e sufrimento”.

 

 

Fotos e vídeo: O SIL.

 

 

Back to top button