ConcellosO BarcoÚltima hora

Minuto de silencio no Barco como mostra de apoio a Venezuela tras o devastador terremoto neste país

 

A praza do Concello do Barco era escenario ás 12h. deste 26 de xuño dunha concentración e un minuto de silencio como mostra de apoio a Venezuela, tras as devastadoras consecuencias do grave terremoto que afectaba a este país a e que deixa tras de si unha gran cantidade de vítimas mortais e numerosos feridos.

Así o Concello do Barco respaldaba á convocatoria realizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias, FEGAMP, para participar nun minuto de silencio.

 

 

“A forte vinculación que une a Galicia con Venezuela, terra de acollida de miles de galegos e galegas, fainos sentir esta traxedia especialmente próxima, por iso debemos manifestar publicamente o noso pésame ás familias das vítimas e o noso apoio aos afectados”, segundo o Concello.

Entre os asistentes á concentración, ademais de alcaldes valdeorreses e concelleiros do Barco, estaba o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos.

Fotos: A.R.

Back to top button