
Podio para o Adas Cupa do Barco no campionato galego de lanzamentos longos que se celebraba na pasada fin de semana na Estrada. A atleta Miriam Gonçalves Pose facíase co bronce no lanzamento de xavelina (500 gramos), celebrado o 8 de febreiro. Facía ademais marca mínima persoal cun rexistro de 33.09.
Nesta proba impoñíase Gabriela Bouzada (Atletismo Celta), cunha marca de 40.33; mentres que a segunda posición lográbaa Lena Curras (S.G. Pontevedra).