ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeosVilamartín

Misa de Noiteboa en San Vicente de Leira (Vilamartín), entre cascallos e cargada de simbolismo

 

Entre os cascallos do que antes do incendio forestal de agosto eran vivendas en San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) celebrábase este mediodía a misa de Noiteboa nesta aldea. A celebración relixiosa, marcada pola emoción e o simbolismo, tiña lugar no exterior da igrexa, a petición do párroco.

 

 

Ademais, nun dos troncos dun castiñeiro queimado no grave incendio do pasado verán, a veciñanza colocaba un nacemento. Estes xestos únense á preparación e adornos de mesas de Noiteboa, con obxectos recuperados das casas incendiadas, en diferentes partes de San Vicente como unha forma de reivindicar axuda e de que se cumpran as promesas que os políticos que visitaron a aldea lle fixeron á veciñanza.

Fotos cedidas e vídeo cedido.

 

 

 

Back to top button