
A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) vén de informar de que o vindeiro xoves 11 de setembro de 2025, ás 20.00 horas, celebrarase unha Misa Funeral in memoriam de Dna. Marisol Novoa Rodríguez, anterior presidenta da entidade, na Igrexa de Santa Eufemia do Centro (Ourense).
“Marisol Novoa Rodríguez foi presidenta da Confederación Empresarial de Ourense, así como unha figura destacada e comprometida co desenvolvemento empresarial e social da nosa provincia”, lembran dende esta organización.
Con este oficio relixioso, familiares, amigos e o conxunto da sociedade ourensá terán a oportunidade de “render homenaxe á súa memoria e á profunda pegada que deixa na nosa organización e en Ourense”, sinala a CEO.