PolíticaÚltima hora

Mitin do PP en Trives

No undécimo día de campaña electoral Carmen Pardo, Agustín Hernández e Manuel Baltar viaxaban a esta vila do oriente ourensán
Isauro Pérez, Agustín Hernández, Carmen Pardo e Manuel Baltar, ao rematar o mitin.
Isauro Pérez, Agustín Hernández, Carmen Pardo e Manuel Baltar, ao rematar o mitin.

A Casa da Cultura de Trives convertíase no escenario do mitin principal do PP de Ourense na xornada do 19 de maio. Ata esta vila do oriente ourensán se desprazaban a eurocandidata Carmen Pardo, o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández, e o presidente provincial do PP, Manuel Baltar. Faciano para participar nun mitin que se encetaba da man do presidente presidente local do partido en Trives, Isauro Pérez.

Ao longo das intervencións incidiuse na importancia destas eleccións e no valor de Europa, en especial para zonas como as do rural ourensán. Neste senso, Manuel Baltar aseguraba que “a comarca de Trives é a foto fixa da necesidade do desenvolvemento rural”, sinalando asemade que “dispersión, envellecemento e malas infraestruturas teñen un remedio: a Unión Europea”.

O presidente provincial do PP incidía no determinantes que son neste senso as decisións tomadas no Parlamento Europeo “para o desenrolo da nosa provincia” e lembraba a importancia das políticas europeas para impulsar as potencialidades locais.

A candidata do PP ás europeas Carmen Pardo.
A candidata do PP ás europeas Carmen Pardo.
Agustín Hernández na súa intervención.
Agustín Hernández na súa intervención.
Asistentes ao mitin na Casa da Cultura de Trives.
Asistentes ao mitin na Casa da Cultura de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button