OurenseÚltima hora

Mobilización en Viana de apoio a Palestina baixo o lema “Galiza coa marcha a Gaza”

 

A praza Maior de Viana do Bolo acollía esta tarde unha nova concentración de apoio a Palestina, desta volta co lema “Galiza coa marcha a Gaza”, convocada pola Plataforma Coordinadora Galega de Solidariedade coa Palestina.

“Estamos nas rúas para pormos a voz do noso pobo en apoio do pobo irmán da Palestina. Hoxe, en 39 localidades, Galiza demostra máis unha vez a súa solidariedade firme e sen descanso coa Palestina e coa resistencia inesgotábel do seu pobo, primeiro contra as bombas e agora tamén contra a fame empregada como arma de guerra polo ocupante”, deste xeito comezaba a manifesto da citada plataforma que lía no decurso da concentración.

 

 

Viana era unha das case 40 localidades galegas nas que se celebraban concentracións deste tipo nesta tarde. Eentras elas había media ducia da provincia de Ourense.

Fotos cedidas.

Back to top button