Arredor das cinco desta tarde mobilizábase o helicóptero medicalizado do 061 para atender unha urxencia por unha picadura de avespa. Unha persoa de Sobrado resultaba picada no pezcozo e nun brazo neste mediodía e sufría un shock anafiláctico, pero malia poñerse a adrenalina nese momento, pola tarde atopábase mal polo que contactaba co 112.
Era entón cando se procedía a mobilizar o helicóptero, pero unha vez chegado a Trives os profesionais médicos do mesmo, tras valorar á persoa, decidían traslada en ambulancia ao Hospital de Valdeorras.
No operativo participaban, ademais do helicóptero, a Policía Local de Trives, Protección Civil e unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias.