
Un ano máis, a localidade de Biobra (concello de Rubiá) celebraba o seu particular ‘Entroido Bodegueiro’ na tardiña deste sábado 14 de febreiro á que asistían numerosas persoas, a maioría disfrazas e con moitas ganas de diversión.
O programa incluía xogos para os nenos e despois a ruta polas adegas ao son do Folión Os Viticultores de Vilamartín. Unha animada tarde entre bombos, disfraces e viño.

Fotos cedidas.