CulturaCulturaEntroido 2026Última hora

Moita animación e festa entre Pantallas e disfraces, no Martes de Entroido en Xinzo

 

Logo de varias semanas xa de festa, o Entroido chegaba aos días grandes en Xinzo de Limia, sendo o martes 17 o principal.

 

 

A xornada comezaba cara as 12 horas con charangas e actuacións musicais polas distintas rúas da vila. Pero, sen dúbida, o acto estrela do día era o Gran Desfile de Entroido, onde a música, as Pantallas e as comparsas volveron ser os grandes protagonistas. Desde as cinco, decenas de comparsas desfilaron nunha xornada festiva na que se repartiron ata 3.000 euros para os mellores disfraces.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button