OurenseÚltima hora

“Monsignor Quixote” volve a casa: o OUFF lembrará con varias actividades este filme de 1987 rodado en Ourense

O Ourense Film Festival (OUFF) lembra a rodaxe da película basada no libro de Graham Greene con varios actos e dúas proxeccións inéditas, en Cea e no Teatro Principal de Ourense

 

Ourense é e foi unha terra de rodaxes e cine. Así o quere lembrar o Ourense Film Festival (OUFF) un ano máis. O certame continúa co proxecto de destacar lugares onde se rodaron obras destacadas da historia do cinema. Nesta edición é a quenda da primeira película internacional que elexiu a provincia de Ourense como o seu lugar de rodaxe, Monsignor Quixote, unha obra de Rodney Benett que adapta a novela de Graham Greene, de 1982. Realizada para a televisión británica, esta produción trouxo ata Ourense a coñecidas estrelas do cinema do momento como o oscarizado Alec Guinnes, ademais de Leo Mckern y Philip Stone, entre outros. En maio de 1985 filmouse en lugares como o Mosteiro de Oseira (Cea), Beade ou O Carballiño, e o propio Greene estivo presente durante eses días .

Para lembrar este fito na historia da provincia como lugar de cinema o OUFF colocará no exterior do Mosteiro de Oseira un mural conmemorativo, como sucedeu en anteriores edicións cos filmes A Lingua das borboretas (Cuerda), El bosque del lobo (Olea) e Cotolay (Nieves Conde) en Allariz, A Bola e Ribadavia, respectivamente, con información para os visitantes nunha actividade que conta co apoio de Turismo, de Xunta de Galicia.

Ademáis, a película Mosingnor Quixote proxectarase na localidade de Cea, nunha actividade de cinema ao aire libre, e no Teatro Principal de Ourense. Unha gran oportunidade para ver unha película que no seu momento non chegou a estrearse en España e que narra, en clave de road movie, a peripecia do crego que da nome á novela e o ex alcalde comunista Sancho Zancas, que nun Seat 850 viaxan desde El Toboso ata Galicia e rematan a súa fuxida na abadía de Oseira, perseguidos pola Garda Civil.

 

 

Para completar esta programación o historiador, crítico cinematográfico e director do OUFF, Miguel Anxo Fernández, presentará en versión galega e castelán con numerosas ilustracións inéditas, a monografía “Monsignor Quixote: o filme que nunca se viu”, crónica daqueles días de rodaxe en maio de 1985, que seguiu no día a día e que trouxo a Ourense a un dos protagonistas de filmes míticos da historia do cine como El puente sobre el río Kwai, Lawrence de Arabia, La caída del Imperio Romano, Doctor Zhivago, e La guerra de las galaxias, entre moitos outros.

O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button