CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Morgan e Hinds, entre as primeiras confirmacións para o X aniversario do SilFest Valdeorras

Morgan./ Foto Morgan.

 

Dez anos despois do seu nacemento, o SilFest continúa fiel á súa esencia: ofrecer unha experiencia auténtica, próxima e profundamente ligada ao territorio, a beiras do río Sil, na inmellorable contorna do Barco de Valdeorras, cunha boa oferta musical. Así, no 2026 celebrará o seu décimo aniversario coas primeiras bandas confirmadas: Morgan, Hinds, Begut e o DJ90, que poñerán ritmo a unha edición moi especial.

O SilFest non quere ser como os demais. O seu espírito mantense intacto: gozar da música e a cultura sen aglomeracións, co ritmo pausado que só Valdeorras pode ofrecer. É un festival para saborear cun bo viño da D.O. Valdeorras ou unha cana de Mahou ben fresca, mentres se descobren artistas emerxentes e gózase de grandes bandas nun ambiente único.

Ademais dunha coidada programación musical que combina bandas xa consagradas coas mellores propostas emerxentes, o festival aposta por unha experiencia global que une cultura, natureza e gastronomía. Co abono, os asistentes poderán gozar de catas, talleres e paseos en kaiak polo río Sil, ademais dunha variada oferta gastronómica e actividades familiares nunha contorna natural incomparable que convida a relaxarse, gozar e compartir.

Entre as actividades máis esperadas, destaca o MiniSilFest, o corazón novo e vibrante do festival. Este espazo, especialmente deseñado para espertar a curiosidade e a paixón pola música e as artes nos máis pequenos, converteuse nun dos grandes atractivos de cada edición: un lugar onde nenos e adultos gozan por igual, creando recordos indelebles nun ambiente festivo e acolledor.

 

Back to top button