CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Morriña Dance Project enche no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Esta era a primeira das actuacións do completo e variado programa do "Verán Cultural" de Parada de Sil

 

Danza e música nun marco patrimonial de luxo: o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil). Este conxunto románico enchíase de público ás 19h. deste venres con motivo do espectáculo Morriña Dance Project, unha obra de danza que mestura a danza clásica, a neoclásica, a contemporánea e a música tradicional galega e que ten como fin principal homenaxear a Galicia, á súa cultura e á súa xente.

Así pois, a través de 4 bloques que plasma os comezos, a tristeza, o amor e a morte dun controvertido artista galego que tenta mostrar e aceptar a súa arte á sociedade.

 

 

Nesta obra tanto a danza, como o vestiario e a música utilízanse para trazar unha ponte entre o arraigamento e o coetáneo, entre entre o típico e o presente mostrando así unha Galicia enche de tradición, que camiña cara adiante sen esquecer.

Morriña Dance Project era a primeira das actuacións incluídas no variado e completo programa do “Verán Cultural” do Concello de Parada de Sil.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button