
Xusto antes do inicio do partido entre o CD Barco e o Cented Academy, que se está a disputar este domingo campo de fútbol de Calabagueiros, o equipo local e o visitante amosaban de forma simbólica o seu apoio á Asociación de Silicosis de Valdeorras. Os xogadores suxeitaban unha pancarta desta entidade, que demanda un neumólogo durante cinco días á semana no Hospital Público de Valdeorras.
Fotos: Carlos G. Hervella.
