Vilariño de Conso celebraba neste sábado 14 de febreiro o día grande do seu Entroido, que se estrea como Festa de Interese Turístico Nacional, cun desfile de folións e tamén co xantar da Festa do Cabrito. Neste marco tamén se organizaba unha mostra de artesanía e tamén de produtos da zona (dende meles, licores e marmeladas ata obxectos de artesanía en coiro e noutros materiais), que se instalaba no entorno da praza a partir das 11h.
Fotos: A.R.