CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Movilla y los Irrepetibles e Gin Toni’s actuarán en Las Vegas de San Clodio o 17 de agosto

 

Gin Tony’s./ Foto: Music Soft Management.

 

A terraza de Las Vegas, en San Clodio, vivirá unha xornada única coa organización dunha festa por todo o alto na que se poderá gozar de dous concertos de alto nivel durante a tarde e a noite do domingo 17 de agosto.

No escenario, nada máis e nada menos, que Movilla y los Irrepetibles ás 20h. e os Gin Toni’s a partir das 23:30h. E para coller forzas entre unha e outra actuación haberá unha cea a base de paella e churrasco con sobremesa e café polo prezo de 20 €. Un plan inmellorable que ademais serve de peche das Festas Patronais da capitalidade do Concello de Ribas de Sil.

 

 

Os concertos son de balde e nun lugar privilexiado, a ampla e arborada terraza coñecida tradicionalmente como ‘A Pista’ polo seu pasado no que foi un popular lugar de encontro dos amantes do baile nas fins de semana, principalmente os domingos.

Javier Movilla é a alma mater da primeira formación. Natural de Castro Caldelas, é un amante da música Mexicana e un personaxe irrepetible. O seu carácter afable reflíctese no espectáculo, no que rende homenaxe aos grandes autores e intérpretes do xénero, desde os clásicos como Jorge Negrete, Vicente Fernández ou Chavela Vargas, ata versións de coñecidísimos artistas nacionais como Joaquín Sabina, Revólver, Los Secretos, Loquillo, Miguel Ríos o Antonio Flores.

 

 

Gin Toni’s é unha banda divertida, apaixonada e elegante que cada noite consegue unha incrible conexión co público dos seus concertos. Unha banda que fai viaxar ao público polas versións dos mellores temas do pop rock español, desde os 80 ata a actualidade: Seguridad Social, Rebeldes, Revólver, El último de la fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Os Resentidos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total… Cun directo fresco, un repertorio repleto de coñecidísimas cancións e unha elegante posta en escena, transportarannos ás décadas douradas da música Española e poñeranlle unha cor diferente á noite do domingo e peche de Festas Patronais.

Back to top button