
Mañá, domingo 23 de agosto a Pista de Las Vegas (San Clodio) propón unha sesión dobre de concertos. Parqa as 19 horas está prevista a actuación de Movilla y los Irrepetibles. “Un tardeo con repertorio de corridos mexicanos e algúns clásicos dos 80-90 da man do cantante Javier Movilla. Espectáculo asegurado coa singular posta en escea do intérprete do Castro Caldelas”, aseguran dende a xerencia do local.
E tras o descanso, no que o establecemento organizador ofrece unha cea aos asistentes (de pago e baixo reserva), cara ás 23:30 horas terá lugara a actuación estelar do grupo Gin Toni’s.
Unha tarde-noite de gran ambiente musical “para goce de veciños e visitantes”, comentan dende Las Vegas.
