En menos de dous anos a banda valdeorresa Mrs. Fine, membro de AMAVA, fíxose un oco no panorama musica da comarca, con numerosas actuacións, xunto a outras agrupacións e en solitario, preparando a presentación audiovisual coa gravación do seu primeiro videoclip Mrs. Fine, no Barco de Valdeorras.
Facíano na xornada do sábado 25 de outubro en diferentes localizacións exteriores e moi especialmente na Sala Baranda, durante o concerto que daban pola noite teloneados por Fendetestas, tamén de AMAVA. Co seu característico e contundente son, Carlos ao baixo e voz, Ramón á batería, Edu á guitarra solista e Fran á rítmica e voz, fixeron as delicias do público, cunha espectacular posta en escea e logrado son grazas a Rober. O resultado da gravación verémola proximamente.

Fotos e vídeo cedidos.