O Carballiño celebraba este mediodía o día grande da súa 63ª edición da Festa do Pulpo do Carballiño, un evento declarado de interese turístico internacional e que este ano está dedicada á cidade italiana de Noventa Padovana. O parque municipal da vila acollía unha multitudinaria festa gastronómica, cun xantar oficial, pero tamén con infinidade de persoas que tamén degustan este manxar noutros puntos do parque e da vila, como as tabernas.

Antes do xantar tiña lugar un acto institucional coa presenza de diferentes autoridades, entre elas unha representación da citada cidade italiana: o tenente alcalde, José Castro, e o edil de Turismo, Manuel Dacal; o alcalde de Noventa Padovana, Marcello Bano, e o edil de Turismo, Davide Iafelice, ademais do conselleiro de Comercio, Emprego e Emigración, José González; o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o deputado provincial, Rosendo Fernández, e alcaldes da comarca.
Fotos: Carlos G. Hervella.

