En portadaÚltima horaVídeos

Multitudinaria Festa das Covas de Vilamartín marcada polas altas temperaturas e as ganas de troula

 

Miles as persoas dábanse un ano máis cita na Festa das Covas de Vilamartín, que este ano cumpre XXVIII edicións. Na tarde deste sábado 1 de agosto, mozos e maiores da zona e de diferentes partes de España e mesmo do estranxeiro, como Polonia, iniciaban, cunca, pano laranxa e pulseira en man, un percorrido festivo polas 42 adegas soterradas que abrían nesta ocasión, para desfrutar dos viños (brancos e tintos) e tamén de diversos petiscos, mentres o ambiente estaba animado polo son de charangas, cantos de taberna e batukadas.

 

 

As adegas pecharán a medianoite, momento para a festa rachada a cargo da macro discoteca Karamelo, con djs e gogós ata altas horas da madrugada.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button