En portadaÚltima horaVídeos

Multitudinaria X Festa Coveira de Arcos (Vilamartín), unha posta en valor do pasado vitivinícola valdeorrés

Doce antigas adegas soterradas abren nesta edición as súas portas ao público, que pode degustar brancos e tintos, acompañados de petiscos e doces

 

O ambiente festivo envolvía a partir das 20h. a contorna das covas de Arcos (Vilamartín de Valdeorras). Unhas mil persoas (o aforo máximo previsto pola organización) congregábanse nesta zona para desfrutar, unha edición, e xa van dez, dunha celebración moi especial que conxuga o valor etnográfico e vitivinícola destas antigas adegas soterradas, coa música, diversos, abundantes e variados pestiscos, deliciosos doces e, por suposto, os viños, tanto brancos como tintos.

 

Vídeo cedido.

 

A veciñanza volcábase, a través da Asociación de Coveiros de Arcos, na organización da Festa Coveira, na que nesta edición abrían as súas portas unha ducia de adegas, unha mostra senlleira da arquitectura tradicional do viño de Valdeorras.

 

 

 

 

 

 

Esta cita, que conta co apoio da empresa Garelec e do Concello de Vilamartín, estará animada no terrreo musical polas charangas Mekánica e Ministreles, que percorren a zona das covas interprentando cancións populares, interactuando cos asistentes e fomentando a participación. Así mesmo, nesta edición montábase novamente un posto de pancetada, “co cal intentamos que as persoas que nos acompañen poidan moverse por todo o recinto”, indica a organización.

 

 

 

Arredor da medianoite, a festa continuaba na praza nova de Arcos ao ritmo de “Buena vibra Tour” ata ben entrada a madrugada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Cedida.

Back to top button