ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BoloÚltima horaVídeos

Multitudinario Viacrucis no Santuario das Ermidas (O Bolo) neste Venres Santo

É un dos actos máis ancestrais da Semana Santa valdeorresa e tamén do conxunto da provincia de Ourense

 

Camiñando en peregrinación ou en coches, multitude de persoas chegaban na mañá deste soleado Venres Santo, 3 de abril, ao Santuario das Ermidas (O Bolo) para participar no seu tradicional Viacrucis, un dos actos centrais e máis emotivos da Semana Santa valdeorresa.

 

 

 

Este percorrido moi custoso, chamado “Camiño do Deserto” principiaba no adro do santuario, onde se atopan as primeiras estacións. A celebración relixiosa comezaba ás 11:30h. coa saída das gran cruz en madeira portada polos nazarenos, e dos pasos que tradicionalmente a acompañan (os da Virxe Dolorosa, Verónica, San Xoán e un paso do prendemento de Cristo).

A partir de aí iniciábase un longo e ladeiro traxecto ata chegar á derradeira estación, a da Resurrección (número XV), situada no cemiterio. Rozando xa ás 13:30h. Durante o traxecto, no que había persoas ofrecidas, algúns fieis lavaban o rostro nas fontes situadas no traxecto do viacrucis, como é o caso da Dormiñona.

 

 

 

 

Velando pola seguridade e coordinando o tráfico no entorno do santuario estivaban voluntarios das Agrupación de Protección Civil do Bolo, Manzaneda e Petín. Ademais, un dos pasos do calvario era portado por voluntarios destas agrupacións.

 

Os actos deste Venres Santo nas Ermitas continuarán pola tarde, a partires das catro, coa acción litúrxica, o “Sermón das sete palabras” e o tradicional desencravo. Ás oito está prevista a procesión da Soidade.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Vídeos: O SIL.

 

 

 

 

Back to top button