Unha das novidades da IV Feira Irmandiña do Bolo que se celebraba na xornada do venres 14 de agosto era o Museo Vivo da Idade Media a cargo do grupo de recreación histórica de Ourense, Palla Aurea.


Con eles, os visitantes tiveron a oportunidade de ver diferentes materiais da época medieval e saber as súas utilidades. Tamén houbo armamento, roupa e obxectos da vida cotiá a súa disposición.

Ademais da recreación, pola tarde resolvíase o concurso de disfraces tanto infantil como de adultos, con agasallos doados polos feirantes. Dende o Concello do Bolo, organizador do evento que reunía numeroso público na contorna do castelo, dan as grazas a todos por colaborar e participar.

Fotos cedidas.