OurenseÚltima hora

Música, cine, roteiros e obradoiros no verán de Escua

O Espazo Cultural Asociativo propón máis dunha trintena de actividades en xullo e agosto no marco do programa VeranEarte
O programa VeranEarte arrinca esta tarde en Ourense.
O programa VeranEarte arrinca esta tarde en Ourense.

Máis dunha trintena de actividades para gozar do verán. Esa é a proposta de Escua, o Espazo Cultural Asociativo de Ourense, dentro do programa VeranEarte. Música, cine, roteiros obradoiros e performances buscarán manter viva a cidade das Burgas durante os meses de xullo e agosto.

A programación arrinca hoxe, 7 de xullo, cun obradoiro express de baile galego e o concerto do grupo De Pé Feito. Tamén destacan na programación a festa do día da Patria Galega -o 22 de xullo na Praza de San Cosme, o roteiro de xentrificación ou o Día da Galiza Mártir. En agosto, os luns haberá sesión de cine ao aire libre na Praza San Marcial. O mesmo enclave serivrá o vindeiro martes de escenario para o concerto de Sonoro Maxín.

O 1 de setembro remata a festa proposta por Escua. Para iso, o colectivo organizará unha nova edición do Festival Intercultural do Barbaña (FIB).

Máis dunha trintena de actividades buscarán dinamizar a cidade en xullo e agosto.
Máis dunha trintena de actividades buscarán dinamizar a cidade en xullo e agosto.

Artigos relacionados

Back to top button