Manzaneda encetaba na tarde deste 20 de decembro as súas actividades de Nadal inaugurando a exposición de máis de 150 beléns de Berardo Araújo. Un acto no cal actuaba o grupo de acordeonistas locais Airiños da Porta Falsa.
Tras eles, o Mago Albert a través da Reaoi amosáballe á cativada de Manzaneda un obradoiro de maxia onde a nosas crianzas poideron aprender trucos, que seguro que replican con destreza ante amigos e familiares durante as celebracións de Nadal.
A seguinte cita de actividades de Nadal será a actividade conxunta co concello de Chandrexa de Queixa o 26 de decembro no que no multiusos de Celeiros a cativada de Chandrexa e Manzaneda poderán xogar e xogar cos Bolechas e saltar en inchables nunha xuntanza e chocolatada da Serra de queixa e do Macizo de Manzaneda. Para elo será necesario chamar ao concello de Manzaneda 9888333043 ou enviar un mail a manzaneda.rural@gmail.com para estimar a cantidade de crianzas para o transporte a Celeiros.
A seguinte data en Manzaneda será o 27 de decembro coa tarde de Baile e Música tradicional coas actuacións das pandereiteiras da Quinchosa Oscura, Asociación Baile A Pinguela e grupo de Gaita e percusión, rematando contra a noitiña co Pandigueiro de San Mamede que logo de atravesar a Serra de Queixa e baixar por Cabeza de Manzaneda traerá onzas de chocolate, castañas secas e trebellos de madeira as nenas e nenos de Manzaneda.
“Se se trata de grupos, podedes contactar co concello de Manzaneda no teléfono 988333043 ou enviar un mail a manzaneda.rural@gmail.com e podemos organizar unha visita pola exposición dos Beléns e facer unha visita guiada pola vila medieval de Manzaneda; así como indicarvos algunhas rutas polos vales glaciares de Manzaneda, polo noso bambán e curros ou polos noso Monumento Natural e árbores senlleiras”, segundo o Concello.
Fotos e vídeos cedidos.