EconomíaEconomíaÚltima hora

Música e degustacións coa proposta “Quere o teu mercado”, o sábado na Praza de Abastos do Barco

Foto: A.R.

 

No vindeiro sábado, 31 de maio, celebrarase a actividade Quere o teu mercado na Praza de Abastos do Barco, un espazo dinamizador da economía local. A iniciativa, organizada pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello do Barco, busca, a través promover os mercados e prazas de abastos, incentivar o consumo de produtos frescos e poñer en valor a compra de proximidade e a profesionalidade e bo facer das praceiras e praceiros.

O programa desta iniciativa comezará ás 12h. coa actuación da pandeireteira María Faltri, despois haberá petiscos elaborados con produtos do mercado e agasallos.

 

 

Back to top button