Coa voz e a música da cantautora e escritora galega Silvia Penide poñíase en marcha este mediodía a Feira do Libro no Paseo do Malecón do Barco. Esta mostra poderá visitarse ao longo da fin de semana e inclúe presentacións de libros e tamén contacontos e un scaperoom, entre outras propostas.

Esta mañá, ademais de Penide, presentaban as súas obras na feira os autores Sergio Borrajo e Julio Pérez Veiga. O programa continuará na fin de semana.

Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.

