CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Música en directo, merenda e sorteos nunha animada Festa do Cristo no Casino do Barco

 

Neste luns 15 de setembro, festivo local, O Barco de Valdeorras celebra o último día das Festas do Cristo e na Sociedade Casino festexábano dun xeito moi especial.

 

 

Dende as oito da tarde a cafetería acollía unha animada e concorrida festa con música en directo, da man de Sito Trío. Non faltaba a merenda, con petiscos de queixo e xamón cortados in situ por un profesional, a bebida e os sorteos.

 

 

A directiva aproveitaba a ocasión para entregar os carnés de socios.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button