CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Música en directo na terraza de Las Vegas, en San Clodio (Ribas de Sil)

Este sábado actuará pola noite o músico Mikel Edroso cunha proposta de jazz fusión

Grupo Medianoche.

 

A terraza do Hotel Restaurante Las Vegas de San Clodio, en Ribas de Sil, comezaba a súa programación musical de verán o sábado 12 de xullo coa actuación de Movilla & Los Irrepetibles en sesión vermú, e do dúo Biversión pola noite.

Para este sábado 19 a partir das 23 horas, conta coa actuación de Mikel Edroso, un músico de traxectoria dilatada que pasou por míticas bandas de Barcelona tocando diferentes estilos: rock, jazz, funky… Ultimamente co grupo Medianoche cos que estivo o pasado ano actuando precisamente en Las Vegas. Músico de estudio, estivo en escolas de Jazz en Barcelona e pode dicir que, entre outros músicos relevantes cos que tocou, está Serrat.

 

 

A seguinte cita será o 26 de xullo con ‘Carta de Ajuste’, formación que levará ao escenario o seu espectáculo O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto, unha proposta moi festeira de versións pop e rock aderezadas con moito humor.

Todas os concertos son de balde na ampla e arborada terraza coñecida tradicionalmente como ‘A Pista’ polo seu pasado no que foi un coñecido lugar de encontro dos amantes do baile nas fins de semana, principalmente os domingos.

Back to top button