
Uns festivais consolídanse e outros nacen. Un mes despois do SilFest Valdeorras, que celebraba o X aniversario á beira do río, no Barco, celebrarase a I edición do Oule-go!
A localidade valdeorresa de Oulego, no concello de Rubiá, acollerá os días 31 de xullo e 1 de agosto, un festival moi especial, con entrada e acampada libres, con moita música e tamén mercadiño e comida.
O evento arrincará o venres a partir das 19 horas con Dj Repunante e unha chourizada que darán paso á actuación de cinco bandas: The Black Wings, Fendetestas, Kz Angels, Rosa Caiman e Los Bluffs. Tamén haberá mercadiño de productos da zona e artesanais no recinto.
O sábado repetirá o mercadiño a partir das 12 horas completando o programa unha sesión vermú a cargo de Sr. Jingles que dará un concerto en acústico.

