
A alcaldía da Rúa informa á veciñanza da instalación dunha Ofina de Atención e Xestión das Axudas ás persoas e entidades afectadas polos incendios.
“Esta oficina xestionará as distintas liñas de axuda aprobadas no Consello da Xunta de hoxe venres que se publicarán no DOG de mañá sábado”, din dende o Concello, adiantando que a partir dos luns 1 de setembro estará aberta en horario de mañá no Local da Oficina Agraria Comarcal da Rúa, na Planta baixa da Casa do Concello.