EconomíaEconomíaÚltima hora

Na segunda xornada de paro en Autoneum (A Rúa), o Comité de Empresa lembra a concentración do domingo na praza do Concello

 

Na xornada deste venres 5 de decembro continúan os paros de 2 horas Autoneum (A Rúa) nas tres quendas (noite, de 4:00 a 6:00 horas; mañá, de 12:00 a 14:00 horas; e tarde, de 20:00 a 22:00 horas) convocados polo Comité de Empresa “co mesmo volume de xete que onte”, aseguran, animando á xente á concentración convocada para o domingo día 7 na praza do Concello da Rúa ás 12 horas.

 

 

Tal como aseguran dende o Comité de Empresa de Autoneum A Rúa (do que forman parte os sindicatos CIG – CCOO – UGT), os paros son “resposta directa á negativa da dirección da empresa a negociar a plataforma de mellora económica tal e como viña sendo habitual durante anos”, mantendo que o seu obxectivo é “defender os dereitos do persoal, recuperar a negociación perdida e garantir un salario e unhas condicións de traballo dignas”.

 

Back to top button