A VeigaConcellosÚltima hora

Na Veiga comezaba a visita do delegado da Xunta a Valdeorras neste martes

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá á comarca de Valdeorras para visitar os concellos da Veiga, Rubiá e Carballeda, dentro da rolda de encontros institucionais que está a manter trala toma de posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

Nos encontros de traballo mantidos cos alcaldes dos respectivos concellos, Juan Anta, Elías Rodríguez e María del Carmen González; repasaron asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e falaron das necesidades destes concellos e avaliar posibles vías de colaboración desde a Xunta que contribúan á execución dos seus proxectos.

Para o Manuel Pardo é fundamental que os alcaldes nos transmitan as necesidades dos seus concellos, polo tanto, a Delegación territorial está permanentemente aberta para o que precisen, xa que traballar con eles é ofrecer solucións ás necesidades dos seus veciños e veciñas.

 

 

 

 

Back to top button