
Unha nova proposta se suma neste mes de xullo ao calendario festivaleiro en Valdeorras. Trátase do I Festival de Gaitas ‘Sons da Rúa’ que se celebrará o vindeiro mércores día 23 da man da Asociación Cultural Abertal e o Concello da Rúa e inclúe obradoiros, desfile de bandas e actuacións.
Pola mañá, no paseo do Aguillón, haberá obradoiros abertos e gratuítos para grandes e pequenos. Ás 11 horas un de baile impartido por Manolo Cobas; e ás 12 horas outro de percusión caseira (cunchas, culleres, sachos, caldeiros,…) impartido por Xilda Durán.
E xa pola tarde, arredor das 20 horas comezará un desfile polas rúas do concello coa Banda de Gaitas As Portelas de Lubián (Zamora), a Banda de Gaitas, Pandereteiras e Grupo de Baile de Abertal da Rúa. As actuacións comezarán ao rematar o fesfile, arredor das 21 horas, na praza do Concello da Rúa.
