Como convidada inesperada aparecía no atarceder a néboa sobre o río Sil ao seu paso polo Barco. Comezaba no río e ía estendéndose ata as beiras, cubrindo certos puntos do final do Paseo do Malecón como a zona da desembocadura do río Mariñán e o Xardín Botánico.
Trátase dun fenómeno denominado “néboa por evoporación” e acontecía xusto despois da tormenta caída esta tarde na vila. Así a auga máis cálida evapórase e atópase co aire fresco e húmido da chuvia.
Fotos: A.R.