CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Nenos e anciáns traballan xuntos no Plan Proxecta ‘A natureza e a reforestación da fauna e flora’ do CEIP O Bolo

Realizaban "bombas de sementes" que máis tarde levaban ao monte para alimentar ás aves da zona

 

No marco do Plan Proxecta “A natureza e a reforestación da fauna e flora” que están desenvolvendo no CEIP O Bolo, nenos e maiores xuntábanse para elaborar “bombas de sementes” a base de aceite de coco e variedade de sementes e alimentos de paxaros propios das aves da contorna que despois de madurar levaban pola contorna do Bolo.

 

 

En colaboración cos usuarios do Centro de Maiores e da Residencia, o obxetivo desta actividade “sempre foi recuperar a fauna que tivo que moverse por mor dos incendios do pasado verán e que mellor que axudar na repoboación das aves que tan características son nesta contorna, como as anduriñas ou as cegoñas que se atopan creando os niños nesta época”, explica o director do centro, José Luis Fernández Casas, asegurando que o traballo en equipo cos anciáns da zona axudoulles á hora de repartir as bombas polas zonas por onde adoita habitar a fauna propia do Bolo.

 

 

Fotos: CEIP O Bolo.

 

Back to top button