CulturaCulturaEducaciónMúsicaÚltima horaVídeos

Nenos e maiores xuntos no Festival de Nadal do CEIP Xosé Manuel Folla Respino, en Vilamartín de Valdeorras

 

Con villancicos, luces de cores, unha bonita decoración, a visita de Papá Noel e moita ilusión celebraban o Festival de Nadal no CEIP Xosé Manuel Folla Respino, en Vilamartín de Valdeorras.

 

 

Presentado por tres cativos, comezaba coa actuación dos profesores interpretando a panxoliña A Neve. Despois era a quenda do alumnado de Infantil e os cursos de 1º, 2º e 3º de Primaria; e dos maiores do colexio (4º, 5º e 6º de Primaria) que interpretaban En Navidad.

 

 

Finalmente subían ao escenario todos os nenos e nenas para interpretar xuntos Chegou o Nadal, antes de recibir a visita de Papá Noel cargado de regalos.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.
Vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button